A proba

10ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 1 de Abril de 2017

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32 + 18), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

COMO FACER A PROBA

A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1- CAMIÑANDO:
  • Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:40 e 11:45 horas
  • os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2017”.
  • (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2017)
  • Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas. 
  • Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.
2- CORRENDO :
  • Non haberá retencións nos controis. Tempo máximo: 6:30 h.
  • Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 4:00 horas no km: 32. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
  • Terán a obrigación de levar mochila, para poder recoller provisións nos puntos de avituallamento que atopen abertos.
  • @s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado. (non valerá para a Copa Galega de Andainas)

Nº DE PLAZAS

  • No modo “CARREIRA” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.
  • A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

PARTICIPANTES

  • Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON)
  • A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
  • Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
  • Aqueles que só poidan o queiran facer o 2 anel: deberán recoller os dorsais entre as 13:30 e as 14.00. A saída será as 14:15.
  • Aconsellase levar unha pequena mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
  • Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
  • É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.
  • Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
  • Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
  • Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
  • Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN

  • Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
  • Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
  • Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
  • Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
  • Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
  • A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
  • Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de avituallamento e controis. (sempre despois de que pasen os membros da organización que actúen como escobas).
ORGANIZACIÓN: ASOCIACION COLECTIVO REMONTE & CONCELLO ROIS & CONCELLO PADRON